viernes, 1 de febrero de 2013

COPLAS DO ENTROIDO

Estamos no entroido
con ganas de disfrutar 
e por si non o sabedes
as coplas imos cantar.

As coplas van a comenzar 
moi atentos profesores
agora nas Mercedes
ides flipar en cores.

Empeza o entroido
e voume disfrazar
pero como non teño cartos 
tereinos que buscar.

Non sabiamos a donde ir
pero xa nos decatamos 
que a duques , políticos e mandantes
consello podemos pedir.

Os profes nas Mercedes
sempre nos fan traballar
pero nos so pensamos
en botarnos a descansar.

O profe de gimnasia
sempre nos ten correndo 
e non lle importa nada 
que nos estemos morrendo.

Querida profe Mari Carmen
utiliza os teus poderes
porque a partir de agora
non imos facer os deberes.

Era para o profe de música
que gasta moi mala uva
como te pille falando
vala ter moi cruda.

Querido profe Alfonso
non poñas cousas de reli
que nos preferimos
ver unha boa peli.

Temos ordenadores                                                                               que non tivemos que pagar                                                                   porque este ano conseguimos                                                             o proxecto Abalar.

Para os mini ordenadores
temos que como en ximnasia
os ollos estirar
tanto ó empezar como ó rematar.

Para a nosa profe Fina 
imoslle regalar 
unha saia con volantes 
para que comence a bailar.

Para o noso dire Enrique
que está sempre moi activo
que se achege ata inspección
e que pida máis festivos

Nos estamos cansados 
de ter sempre  tantos deberes 
e mentras os profesores
teñen moito tempo para eles.

Nosa querida conserxe
deixa de tocar o timbre
nos mellor preferimos 
que tomes o tempo libre.

As coplas remataron 
ata o ano que ven 
pero non vos preocupedes
pro ano volvemos tamén.

Ahí vai a despedida 
ahí vai a derradeira
agora que nos aplauda 
todo aquel que queira.




No hay comentarios: