miércoles, 20 de febrero de 2013

PREGUNTA A UN CIENTÍFICO

 PREGUNTA A UN CIENTÍFICO EN PRENSA ESCUELA

¿Que aparellos fan falta para deter ou destruir un asteroide antes de que chegue á Terra?

05/02/2013
Pregunta: Lucas, Lugo
 Existen varios proxectos para detectar, clasificar e seguir a pista a todos os asteroides con traxectorias próximas á Terra. Porén, coa tecnoloxía actual non está claro que sexamos quen de evitar o impacto directo dun asteroide en rumbo de colisión coa Terra. Ten en conta que para preparar e lanzar unha misión axeitada (un remolcador ou unha bomba) farían falta meses ou anos, e pode ser que non teñamos tanto tempo. En todo caso, semella que o máis doado non sería detelo ou destruílo, como suxiren nalgunha película, senón desvialo para que pasase de longo.
 

No hay comentarios: